SÁBADO 22 H E DOMINGO 20 H
PREZO 10 EUROS
Un amor obsesivo leva a Salomé a tomar decisións mais aló da vida e da morte. Unha visión diferente á da Biblia que narra a dor e os sentimentos dunha muller que deixa todo atrás pola súa única obsesión.
Salomé vai a narrar como a chegada a palacio do preso Xoan o Bautista, vai a convertirse no punto de inflexión da súa vida.
Lonxe de ser un preso mais, a presenza do predicador Xoán fai aparecer en Salomé unha repentina curiosidade. Pregúntase quen é aquel home do que todo o mundo fala e que fai virar intranquilo a Herodes.
Sendo sabedora da prohibición de visitar aquela celda, Salomé busca a maneira de poder saber algo mais daquel home. Arriscándose a ser castigada por saltarse a prohibición, vaise achegando cada día mais, en segredo, sen que ninguén se decate. A súa curiosidade vai medrando día a día. Pouco a pouco surxe en Salomé un sentimento de amor cara Xoán, aínda sen coñecelo. Así nace en Salomé a necesidade de ver a Xoan, de entrar na celda e gozar da presenza do home que ama.
Ela busca a maneira de entrar naquela celda prohibida. Para elo vese obrigada a ceder ante a petición deshonesta do gardián da celda, un prezo que lle ha saír moi caro. Alí empeza o seu tortuoso camiño cara a desesperación.
Todo na súa vida vai a poñerse en contra do seu desexo de estar con Xoan. O seu amor obsesivo por el fai que Salomé vaia deixando a un lado o rumbo da súa vida e perdendo a súa cordura tamén. Salomé faino todo por Xoán, deixa todo atrás por el. Esto desemboca nunha loucura que a levará por un camiño sen volta: a morte de todo o que ela ama. A morte incluso de Xoán.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Actriz: Sandra Iglesias
Dramaturxia e Dirección: Sandra Iglesias
Producción: Diafora Teatro
Escenografía: Modesto Iglesias/ Sandra Iglesias
Vestiario e Atrezzo: Elsa Miranda
Deseño de Iluminación: Sandra Iglesias
Deseño Gráfico: Sandra Iglesias
Diafora Teatro.
Sandra Iglesias 635 212 744