martes, 15 de junio de 2010

Curiosidades

XIMNASIA PRENATAL CA DANZA ORIENTAL

Antigamente as mulleres movían suas cadeiras ao son da música para mantelas lrexíbeis, para concebir e para evitalas dores das contraccións antes do parto.

Aínda en Marrocos, segue existindo tribos berebers, onde as mulleres bailan durante todo o embarazo e, cando están a punto de dar a luz, móvense ca música para facilitalo parto.

Actualmente, hai cursos de preparación durante o embarazo con exercicios específicos de tonificación e relaxación muscular da danza oriental. A fin primordial é conquerir uns músculos que soporten mellor o peso do bebé.

Ademáis, axuda a evitalas estrías, e o que é máis importante, o parto lévase dun xeito máis natural, minimizando a dor á parturienta e ao bebé, no intre do nacemento.

“Cuerpo Sano”

Texto: Elisabeth Esporrín, ca axuda de Deborah Korek e arranxos de Hayfa

No hay comentarios:

Publicar un comentario